Buscar este blog

viernes, 3 de octubre de 2014

1ª Xornada Técnica de Pesca Deportiva e Medio Ambiente




Concello de O Pino

Sábado 4 de outubro de 2014

Sinopse
Esta primeira xornada de achegamento do medio natural e da pesca deportiva de O Pino ten a finalidade de dar a coñecer e divulgar os valores deportivos e sociais que ten a pesca deportiva, o potencial que atesouran os ríos e a nosa relación co medio ambiente.
Nesta primeira experiencia, por falla de tempo e premura de calendario, tentaremos de debullar en liñas xerais a significación do medio natural, a senlleira importancia dos cursos fluviais e a interrelación entre o medio natural e os humanos.
Non se pode, tendo en conta o programa e os horarios, afondar en materias sesudas ou de profundo predicamento científico, trátase de achegar e dar a coñecer a biodiversidade das augas continentais, de incidir nas vantaxes que nos reporta o medio natural e, como actividade inherente, tratar o mundo da pesca dende a perspectiva da súa modalidade máis conservacionista, responsable e sostible, como é a pesca sen morte.

Programa


10:00 h.- Ponencia “Auga, contaminación e denuncias”
               Por Alberto Torres, Xornalista             
10:15 h.- Ponencia “Pesca e Deporte”
               Por Pepe Casal, Relator da Lei de Pesca de Galicia   
10:30 h.- Ponencia “Conservación dos ríos”
               Por Fernando Cobo, Biólogo e Profesor da USC
10:45 h.- Traslado ao río Mera
11:00 h.- “Ríos, biodiversidade e conservación”
               Clase práctica para os cativos a cargo dos biólogos da Estación de 
               Hidrobioloxía Encoro do Con
11:00 h.- Obradoiro de Pesca, a cargo dos “Artesáns da Pesca” Paco Porto,  

               Oscar Gayoso, Eloi Saavedra e Alberto Mera.
               (moscas para troita, reo, salmón e reclamos para pesca no mar)
13:00 h.- Confección dunha cana artesanal de bambú a cargo do Artesán Suso Vilar
14:00 h.- Xantar
16:00 h.- Clinic de lance a cargo de David Arcay
               Campión Mundial de Salmónidos-Mosca en Eslovenia 2012     
17:00 h.- Pesca técnica na Lagoa da Magdalena
               Metodoloxía protocolaria da captura e solta dos peixes
20:00 h.- Clausura a Xornada Manuel Taboada Vigo, Alcalde de O Pino

No hay comentarios: