Buscar este blog

sábado, 15 de enero de 2011

Novo Couto de Pesca en A Laracha


Somentes Deus sabe o traballiño que nos deu.... pero ao final valeu a pena, xa temos un couto de pesca na Laracha, no noso Río Anllóns. Como moitos dicían, non é un tramo grande, non é un tramo ancho, ... pero a miña política de clube conservacionista ía máis alá de ter un río máis grande lonxe da casa, e traballar nel, tendo o da casa feito un desastre. Empecemos a casa por abaixo e non polo tellado.

Seguramente nestres tres anos de andaina puiden cometer algúns erros, pero e algo que soe acontecer cando eres o único encomendado a pilotar unha nave que ainda non controlas ben onde está o acelerador nin o freo...


Algúns dos socios que estiveron traballando duro (algún acaba de cumprir os 70 anos) tiveron que soportar a catro tarados que non se cansaban de dicirlles cousas como... "esto nunca se vai a facer..." "nunca haberá couto de pesca aquí...""Estades limpando no río para que eu poida ir pescar..." Cousas así acaban por tocarche os..... e ao final algún destes energúmenos tivo que ir agusto pra casa. Bueno, pois xa está feito un longo traballo, agora hai que mantelo e seguir merecendo o que logramos. ¿cántas boquiñas van a ter que calar e recuar agora....?

Ademáis de tódolos socios, temos que ser agradecidos con todos aqueles que apostaron por nos en moitos campos, dende a Federación Galega de Pesca (onde chegamos a ter dous xuvenís na selección galega e un deles chegóu a campión de España), pasando polo Concello, e as distintas administracións, tanto locais (creo que somos a única entidade que uníu a todalas forzas políticas da Laracha para conseguir un mesmo fin) como autonómicas (tivemos sempre unha boa relación, tanto coa Deputación da Coruña, como cos organismos correspondentes da Xunta de Galicia, dando mostras de estar pola laboura de botarnos unha man sempre que o necesitáramos.

Os gardas da nosa comarca, que dende o principio apoiaron a creación do couto de pesca e cos cales mantemos un contacto caseque diario.

Por suposto grazas a todolos medios de comunicación que apoiaron a nosa Sociedade de Pesca, publicitando tanto as nosas actuacións a pe de río, coma os concursos sociais e oficiais e as nosos talleres de montaxe e demáis actividades, a TVG (Programa Couto Vivo), a Radio Galega (Ríos e Montes - Miguel Piñeiro), Radio Obradoiro, Radio Bergantiños, Radio Arteixo, Bergantiños TV, A Voz de Galicia, O Diario de Bergantiños, O Correo Galego, El Ideal Gallego, DxT Campeón, La Opinión, O Xornal, O Periódico de Laracha, O Trueiro, Revista Caza e Pesca Galega, Revista Trofeo Pesca (seguro que me falta agún, pido disculpas).

Non podo pasar sin agradecer aos distintos colectivos que me botaron unha man a pilotar esta nave...
A Sociedade de Pesca de Santa Comba, O Club Salmo, a Escola de Pesca Baixo Miño, a Venatoria de Bergantiños, A Venatoria das Pontes, A Sociedade de Pesca Xuvia, o Grupo Miguelpesca, A sociedade de Padrón, Róbalo, AEMS, Proxecto Ríos, UNIPESCA...

E por suposto a todos aqueles que atenderon e atenden as miñas chamadas telefónicas co fin de que axudarme nalgunha dúbida, ou para invitalos as xornadas de montaxe e para todo aquelo que preciso, porque sempre están ahí.