Buscar este blog

jueves, 22 de octubre de 2009

FARIO CON UNIPESCA





A Sociedade de Pesca e Conservación dos Ríos FARIO - LARACHA, participa no proxecto de UNIPESCA (Unión Nacional de Pescadores Conservacionistas), Ríos para Todos, Pensando en el Futuro, que e unha iniciativa promovida pola confederación Unión Nacional de Pescadores Conservacionista -UNIPESCA- enmarcada dentro do Programa de Voluntariado en Ríos que emana da Estratexia Nacional de Restauración de Ríos do MMARM. Esta iniciativa, que pretende realizarse en diferentes cuencas hidrográficas de todo o Territorio Nacional por colectivos asociados a devandita Confederación, e un proxecto que pretende chamar a atención sobre o coidado dos nosos ríos, o respeto polo medioambiente, a protección dos ecosistemas acuáticos e sobre todo, facer chegar a problemática dos nosos ríos a sociedade en xeral. “Ríos Para Todos. Pensando en el Futuro”, pretende efectuar unha limpeza de varios tramos de distintos ríos da xeografía española o día 25 de Outubro, de tal forma que as campañas de limpeza realizadas por sociedades afiliadas aúnen os seus esforzos nunha sola data. Desexamos que a difusión de está actividade teña o maior alcance posible, tanto en número de voluntarios como en tramos de río obxeto da limpeza, polo que deixamos as portas abertas a colaboración de calquera entidade, asociación ou grupo de persoas que queiran tomar parte nelas. Sen dúbida será un día adicado ao río, o seu coidado e protección a nivel nacional.

No hay comentarios: