Buscar este blog

miércoles, 19 de agosto de 2009

A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE INCOARÁ UN EXPEDENTE SANCIONADOR AO RESPONSABLE DO VERTIDO AO RÍO VERDUGO AO SEU PASO POR PONTEALDELAS

Santiago, 17 de agosto de 2009.-
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas advertiu hoxe que se incoará un expediente sancionador ao responsable do vertido ao río Verdugo ao seu paso pola localidade pontevedresa de Pontecaldelas. A identificación do autor do vertido poderase coñecer unha vez analizados os resultados das análises das mostras tomadas ao vertido e ao medio receptor, así como do estudo do informe de inspección de campo que se está a levar cabo.Nestes momento e a día de hoxe, no lugar atópase unha patrulla do SEPRONA en contacto co Concello de Pontecaldelas, que comunica que o problema debeuse a un vertido na rede de sumidoiros. Así, técnicos da Consellería de Medio Ambiente están a inspeccionar o vertido da Estación Depuradora de Augas residuais (EDAR) e o cauce do co fin de aclarar con exactitude os feitos acontecidos. A vixilancia permanecerá nesta área durante algunhas xornadas.A primeira alerta deste vertido producíase este domingo, día 16, sobre as cinco da tarde, cando o servizo de emerxencias 112 avisaba que nas augas do río Verdugo podíase localizar a presenza de escumas acompañadas de mortandade de peixes, concretamente, á altura da Central hidroeléctrica no Concello de Pontecaldelas. Posteriormente, ao longo da tarde, o mesmo servizo de emerxencias sinalaba a visualización dunha mancha branca de 20 metros de lonxitude no mesmo río, pero no lugar de Comboa, no Concello de Soutomaior tamén seguida de mortandade de peixes.Atención inmediataTras recibir a primeira alerta trasladáronse ata a zona técnicos do Plan de Control de Vertidos da Xunta de Galicia, dependentes do organismo autónomo Augas de Galicia, que comprobaron a presenza de peixes mortos no río Verdugo á altura da central hidroeléctrica. Tras a inspección, detectase que o vertido chegou ata á EDAR de Pontecaldelas procedente do servizo de saneamento das localidades da zona.Unha vez detectado o punto de vertido procedeuse a toma de mostra do mesmo, así como a realización das correspondentes tomas de mostra no medio receptor co fin de evaluar a afección do mesmo no medio.

No hay comentarios: