Buscar este blog

martes, 18 de noviembre de 2008

“Lampreas e Pesqueiras” por Miguel Piñeiro



EDITORIAL GALAXIA COMPRÁCESE EN ANUNCIAR A PRESENTACIÓN DO LIBRO

LAMPREAS E PESQUEIRAS
de Miguel Piñeiro

Sábado 22 de novembro, ás 13.00 horas.
Salón Camilo José Cela. Restaurante Chef Rivera, Padrón



O acto contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, César Portela, Juan José Moralejo, Joaquín España, Chef Rivera e o autor, Miguel Piñeiro.


Xa está á venda o novo libro de Miguel Piñeiro. Lampreas e Pesqueiras, é o quinto traballo do escritor e periodista de Catoira.

Con prólogos dos recoñecidos restauradores Ferrán Adriá e Juan Mari Arzak e con epílogo de Juan José Moralejo, a obra consta de catro partes: unha analítica histórica sobre o paso destas construcións a través dos séculos, un estudio bio-morfolóxico da lamprea, e as técnicas de pesca que se usan na actualidade para a súa captura nos ríos Miño, Ulla e Tea.

A cuarta parte se dedica a un denso receitario no que participaron Pedro Subijana, os restauradores máis representativos da gastronomía galega e o prestixioso gastrónomo Caius Apicius.

O libro se presenta o vindeiro sábado 22 de novembro no Restaurante Chef Rivera de Padrón e contará coa participación do arquitecto César Portela, o Doutor Juan José Moralejo, o perodista e escritor Joaquín España, o restaurador Chef Rivera, o director xeral de Editorial Galaxia Víctor F. Freixanes e o propio autor, Miguel Piñeiro.

miércoles, 22 de octubre de 2008

Máis do mesmo...

E xa van quedando menos, si tiñamos 1000 ríos, agora debemos de andar cerca do empate entre ríos e desfeitas (que noutrora eran ríos) tan só neste ano, Xallas, Ulla, Sar, Eume, Catasol, Furelos, Gallo, Grande, Mandeo, Anllóns, Mero, Landro, Leiro, Tambre, Umia, Lenguelle... ¡meu Deus, non podo lembralos todos!. E difícil, pero que moi difícil tratar de expresar con palabras o que realmente se agolpa nos meus miolos. Mira que levamos tempo os pescadores dicindo que esto vai de mal en peor, que a este paso non queda unha soa troita, que os ríos están sucios e cheos de lixo, incluso a algúns dóusenos por botar unha man e tratar de aliviar o peso da sociedade dos nosos cauces fluviais, e nada, nin p…. caso, e ainda por riba temos que escoitar cousas como “Esta xente non son pescadores nin nada, somentes queren crear alarma social con interes políticos…” “Estos “frikis” da pesca non fan máis que protestar”, “os pescadores teñen a culpa de que os nosos ríos estexan sen troitas”… Así nos loce o pelo. Mentras algúns se adican a tirar merda por riba dos que estamos alerta e coidamos con celo do pouco que nos deixaron os nosos pais, os nosos ríos seguen a morrer e os que de verdade poderían tratar de poñer arranxo a toda esta desfeita miran cara outro lado esperando que lles chegue a xubilación e poder pasarlle a pataca quente ao que veña detrás.
A este paso acabaremos como os pobres cazadores… (refírome aos da nosa terra, aos cazadores de toda a vida), pescando dous días a semana, nunha charca onde días antes de levantala veda nos botarán unha palada de peixes de extrana procedencia xenética, para que os pescadores sintamos que o noso deporte ainda está vivo.
Tan só nos queda seguir patexando, e seguir metendo o dedo na ferida aberta da nosa castigada natureza, que vemos como día a día vai a menos, e vai morrendo soa, con tan só unha pequena morea de parentes arredor do seu leito “os frikis pescadores”, mentres o resto esperan que morra para botar unha palada de terra enriba e si é posible construir unha urbanización. ¿qué herdanza lles deixamos aos nosos fillos?¿este e o pais que queremos que os nosos fillos e netos disfruten? Si é así, eu báixome na seguinte parada ¿e vostede?.

Suso Vilar – Presidente de S.P.C.R. FARIO – Laracha

“Pescador Friki”

miércoles, 8 de octubre de 2008

UN ANO DE FARIO... E DE DESFEITAS.

Pois sí, xa vai alá un ano de FARIO, e de pouca pesca, xa que botar a andar unha sociedade de pescadores come máis tempo do que quixera, e si enriba vou de pesca, a MDR vaime chimpar da casa. Ainda así hai que reflexionar:

O Xallas morto
O Ulla, grave
O Eume, sen palabras
O Catasol, outra máis
O Grande, outra desfeita
O Gallo, unha máis

E varios máis que están na lista de desaparecidos este ano... a este paso habemos conseguir queimalos todos.... eso que este era o pais dos mil ríos...

Este e o pais do "HAI QUE", explícome: todos somos moi dados a expresar a nosa opinión para mellorar a situción das nosas concas fluviais, e na barra do bar somos todos expertos e con unha morea de ideas sobre o tema: hai que facer esto.... hai que decir que fagan estoutro.... hai que repoboar os ríos.... hai que..... hai que..... pero a hora da verdade nada de nada.

Como dicía o meu abó (que Dios o teña na Gloria) "as ideas non son de quen as ten, son de quen as leva a cabo".

Hai que mollar os collóns que nos imos quedar sin o noso deporte favorito.

Dende FARIO seguiremos a pelexar porque os máis xóvenes (que son o noso futuro) aprendan a valorar todo aquelo que un día nos impulsóu a pillar unha cana de pescar e ir en busca do noso primeiro peixe, que non e outra cousa que a "NAI NATUREZA"


Un saúdo

Vilarfly

sábado, 21 de junio de 2008

NACE S.P.C.R. FARIO - LARACHA

http://fariolaracha.blogspot.com/

O pasado mes de Xullo de 2007, nace en A Laracha – A Coruña, unha nova sociedade de pescadores “SOCIEDADE DE PESCA E CONSERVACIÓN DOS RÍOS – FARIO (LARACHA)” . Entre os seus proxectos están a recuperación do cauce do Anllóns ao seu paso polo Concello de A Laracha, tanto das suas marxes como a limpeza de residuos do cauce, charlas encamiñadas a tomar conciencia dos problemas reais dos nosos ríos, cursos de montaxe, cursos de lance, cursos de entomoloxía aplicada a pesca, cursos de micoloxía e algún que otro concurso social en calquera tramo de río xa que non ten ningún coto adxudicado pola Consellería de Medio Ambiente. Destacar o esforzo dos que, en principio, ian a ser una pandilla de amigos que se xuntaría para intentar botar unha man, sacrificando o seu tempo libre, a recuperar e manter o río que lles viu nacer, a maioría, como pescadores de troitas.
O mellor xeito de inculcar nos xóvenes pescadores (e nos menos xóvenes tamén), os valores dunha pesca responsable, é facéndos coñecer os ecositemas fluviais e a mellor forma e achegándoos ao río, involucrándoos no seu coidado e limpeza, en que para que unha troita habite un curso fluvial, terá que ter un agua en perfecto estado, o que conleva que crezca a vexetación subacuática, o que a sua vez orixina que poidan existir macroinvertebrados, dos cales se alimentará esa troita. Si rompemos esa cadena en calquera dos seus pontos ese ecosistema debilitarase, e verase alterado todo o ecosistema.

Durante o tempo empregado na limpeza, entabláronse uns lazos máis fortes entre todolos voluntarios da Sociedade, que eran dez o primeiro día e acabaron sendo 36 na derradeira xornada.
Dicir que en todo momento se estuvo en contacto co Axente Zonal do Servicio de Medio Ambiente, que nos foi guiando no que debíamos e non debíamos facer.



A extracción de residuos levóuse a cabo nun tramo moi corto, xa que ao ir o río moi baixo de caudal e estar en tempo de freza, non vimos axeitado perturbar máis tramo do cauce que aquel que estaba máis saturado de residuos.
Agora mesmo, somos máis de 160 socios e todos con ganas de colaborar coa Sociedade, esperamos que perdure o ansia de cuidar o medio ambiente e as ganas de loitar por él.


Suso Vilar - Presidente